Currículum
A
orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela presenta a continuación
unha reseña histórica acerca da
súa formación, obxectivos e compoñentes, así como
da súa actividade musical.
A Orquestra nace hai sete anos froito da
inquietude pedagóxica da súa fundadora e directora Dª Elisa
Arias Trigo.
Dende o principio o grupo estivo integrado por alumnos e alumnas do área
de saxofón que cursaban os seus estudios musicais no Conservatorio de
Música de Redondela, Pontevedra.
Esta circunstancia, a de agrupar a todos os
alumnos e alumnas independentemente da súa idade ten como consecuencia
que o grupo se forme por nenos e xóvenes con
idades comprendidas entre os oito e os vintesete anos.
Dende o principio a Orquestra realiza numerosos
concertos e actuacións por toda a xeografía galega,
ampliándose máis tarde á estatal e internacional.
Merecen ser destacadas as actuacións para a
Televisión de Galicia e para a Televisión Española, incluíndo
actuacións en directo. Actúan así mesmo en directo para a
Radio Galega (Santiago de Compostela) e Radio Voz (Vigo), así como en
diferentes emisoras e televisións locais con motivo da
presentación dos seus traballos discográficos.
Dende hai seis anos realizan concertos
didácticos para nenos e nenas en idade escolar dende os 3 ós 16
anos, adaptando a cada idade o repertorio e as explicacións. Estas
actuacións de carácter pedagóxico realízanse con
notable éxito e participación de público infantil e
xuvenil.
No ano 1995 realizan a gravación da
súa primeira maqueta nos estudios Sonyarte en
Vigo, como paso inicial para a gravación do seu primeiro disco.
A gravación do mesmo realízase no mes
de outubro do ano 1996 e o seu estreo, recollido amplamente polos medios de
comunicación:radio, prensa e televisión, lévase a cabo
coincidindo coa celebración da festividade de Santa Cecilia
dese mesmo ano, nun acto organizado polo Concello de Redondela e sae á
venda baixo o título de "SEMPRE CRESCENDO"
Ademais da actividade propia de toda Orquestra, o
grupo de saxos desenrola unha actividade de formación pedagóxica
paralela . Anualmente organiza as Xornadas de Estudio do Saxofón que son
impartidas por mestres de recoñecido prestixio: Jean
Pennings, mestre holandés, profesor no
Conservatorio de Tilburg en Holanda. Elisa Arias,
Directora e responsable do área de saxo no Conservatorio de Redondela.
Miguel Castillo, catedrático de saxo no Conservatorio
Teresa Berganza de Madrid, así como clases master co mestre español Pedro Irurralde.
Conta ademais coa colaboración do mestre e
compositor D.Vïctor Ureña
Revuelta, que habitualmente realiza arranxos para
esta formación . Froito desta colaboración foi o estreno da Suite "Nai Elisa", obra composta para
orquestra de saxos , con saxo solista e acompañamento de piano, sendo a
súa inspiración a figura da directora Elisa Arias e a súa
labor ó frente do grupo
Nesta formación colabora así mesmo o músico José Pérez Arias , quen ademais de realizar
arranxos e composicións para a agrupación actúa coa
orquestra como pianista e trompeta solisata ademais
de actuas como productor na gravación dos dous
traballos discográficos.
O repertorio desta formación abarca todos
os estilos musicais e autores, dende os grandes clásicos como Bach ou Mozart ós
compositores de obras creadas orixinalmente para o grupo de saxos, pasando
naturalmente pola música popular.
En setembro de 1997 participan como
intérpretes no XI Congreso Mundial do Saxofón , onde son
invitados pola organización como innovación pedagóxica. O
Congreso celébrase na cidade de Valencia durante os días 27,28,29
e 30, e reuniu a cerca de seis mil persoas entre intérpretes,
congresistas e público, procedentes de todo o mundo e onde se celebraron
máis de douscentos concertos e estrearon máis de cen obras compostas
especialmente para saxofón, entre elas as presentadas pola Orquestra de
Saxos do Conservatorio de Redondela.
Ó longo do ano 1998 realizan diversas
gravacións para a televisión de Galicia e Televisión
Española, e prosiguen coa súa
actividade de estrenos e divulgación de novas
obras musicais. Así, con motivo do día das Letras Galegas,
estréase a obra "O Carrizo". Xa no mes de outubro estréase
a obra "Teima”, ambas compostas por José
Pérez Arias.
No mes de marzo de 1999 o saxofonista Pedro Iturralde realiza una audición da Orquestra de Saxos.
No mes de abril dese mesmo ano o membro da
Orquestra Ignacio Pérez Rey participa como
saxo solista acompañado pola Orquestra de Saxos na Final
Autonómica Galega do concurso "Veo,Veo", presentado por Teresa
Rabal acadando o primeiro premio que o converte no
representante galego para a final estatal.
A Final Estatal celébrase o día 18
de decembro de 1999, sendo retransmitida por T.V.E. e o Canal Internacional,
onde acada o terceiro premio que o converte en representante español na
Final Internacional que se celebra na cidade de Benidorm
en setembro de 2.000.
O
27 de novembro de 1999 a Orquestra actúa na presentación do
último disco do mestre Pedro Iturralde: "Etnofonías", tendo como marco da
actuación o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Con motivo
desta actuación a agrupación organiza paralelamente unha
exposición coa vida e obra do saxofonista Pedro Iturralde.
Ó longo do ano 1999 as actuacións
para a televisión foron numerosas actuando entre outros nos programas
¡Que serán! T.V.E. en Galicia, Luar T.V. de Galicia, Galicia para
el mundo e A Revista na T.V.E. en Galicia.
Anualmente a Orquestra organiza cursos de
formación de Linguaxe Musical, Danza e audición activa impartidos
por Elisa Arias Trigo e clausurados con concertos públicos.
O 29 de abril de 2.000 celebran un concerto
multitudinario na Igrexa de Santiago de Redondela, onde o grupo actuou como
orquestra acompañante do mestre Pedro Iturralde.
Esta actuación foi recollida en numerosos medios de comunicación
:prensa, Televisión de Galicia, Televisión Española, Tele5
e radio. Simultaneamente ó concerto homenaxe a Pedro Iturralde
abriuse novamente a exposición do mestre con datos da súa vida e
obra.
A finais do mes de setembro Ignacio Pérez Rey e un sexteto da Orquestra representan a España
na Final Internacional do concurso "Bravo,Bravissimo",
celebrado na cidade de Cremona, Italia, acadando o
segundo posto como instrumentista.O concurso foi retransmitido a varios países:
Italia,Chile,Portugal,Israel...
Xa no ano 2.001 realizan a gravación do seu
segundo traballo discográfico baixo o patrocinio do Instituto Galego
de Artes Escénicas e Musicais, que sae ó mercado baixo o título
de RESWINGDONDELA e no que colabora en varias das
pezas o saxofonista Pedro Iturralde.Todos os arranxos
das obras así como o control da producción é levado a
cabo por José Pérez Arias.
A presentación deste traballo lévase
a cabo o 28 de setembro en Redondela e é recollido en numerosos medios
de comunicación. O grupo realiza ademais numerosos concertos de
promoción deste disco, presentándoo nas principais cidades
galegas :Lugo, Santiago de Compostela...ademais de preparar a
presentación no resto do territorio nacional.
![]()